Normas de uso

Normas de uso e funcionamento da Tenda de Troco

  1. Para ser usuaria ou usuario da Tenda de Troco é necesario cumprimentar a ficha cos datos persoais, onde se recollerá tamén o saldo de puntos de cada usuaria ou usuario.
  2. A roupa, complementos e outros obxectos ou cousas que traiamos, serán valoradas en puntos pol@s responsabeis da tenda nese momento. Os puntos poden usarse pol@ propio usuari@, ou ser cedidos a outra persoa para que os utilice.
  3. A roupa, complementos, e outros obxectos ou cousas expostas para o troco na tenda, terán tamén a súa correspondente etiquetaxe en euros.
  4. O diñeiro recaudado na tenda pasará a formar parte do fondo da Cooperativa Arméria.
    O cadro polo que se rexirá o valor de troco é o seguinte:

    • 1 pounto ou 1€:
          Roupa pequena, roupa interior, calcetíns, panos, bufandas... e chanclas.
          Complementos (brincos, carteiras, gafas, colares...).
    • 2 puntos ou 2€:
          Roupa de nen@s.
    • 3 puntos ou 3€:
          Partes de abaixo (saias e pantalóns) e partes de arriba (camisas, xerseis, camisetas), e vestidos.
    • 4 puntos ou 4€:
          Zapatos, botas, sandalias, deportivas...
    • 5 puntos ou 5€:
          Abrigos, cazadoras...
  5. Non se aceptará nada en mal estado ou que baixo o criterio da persoa responsable, non sexa adecuado. Evitarase traer grandes cantidades nunha soa visita á tenda, para facilitar a clasificación, valoración e etiquetaxe.